Apple poderÃa lanzar unha tableta orientada á domótica
martes, 12 de novembro do 2024
- O Google Nest Hub é unha das pantallas conectadas que hai dispoñibles no mercado actualmente
Nos últimos anos puidemos ver propostas de distintos fabricantes para empregar pantallas conectadas como un xeito de relacionarse coa domótica e os asistentes virtuais, como os Nest Hub de Google, ou os Echo Show de Amazon (que incluso teñen unha versión con pantalla de 10 polgadas que rota para seguir ao usuario), e o analista Mark Gurman asegura dende Bloomberg que Apple vai ir polo mesmo camiño.
Aseguran que preto do mes de marzo poderÃa ver a luz un dispositivo co nome en clave J490 que servirÃa para controlar os dispositivos do fogar, realizar videoconferencias e tirar proveito das posibilidades de Apple Intelligence. Este modelo básico terÃa unha pantalla cadrada de 6 polgadas, polo que terÃa unhas dimensións semellantes a colocar dous iPhone pegados, contando con cámara frontal, altofalantes internos e baterÃa recargable, ou sexa, que serÃa moi semellante a un iPad, pero orientado a usos especÃficos.
Gurman tamén comenta a posibilidade de que, na liña do Echo Show 10, exista unha versión de alta gama, cun prezo próximo ao milleiro de dólares, que tamén terÃa tecnoloxÃa de seguimento do usuario.
Aseguran que o novo dispositivo poderÃa fixarse na parede, aÃnda que tamén venderÃan bases con altofalantes adicionais pensando na súa colocación en cociñas, dormitorios e escritorios, buscando facilitar a realización de videoconferencias en mans libres.
Outra das funcións que resultarÃan atractivas deste tipo de dispositivos serÃa a visualización de cámaras de seguridade e de videoporteiros, que en moitos escenarios será o que leve aos consumidores (se están afeitos ao ecosistema de Apple) a subir ao carro deste tipo de trebellos.