A finais de 2017 desvelouse que Apple estaba a forzar aos vellos iPhone a funcionar máis lento para mitigar os problemas que xurdían por mor da degradación da súa batería, levando a que en 2018 lanzasen un programa de substitución de baterías por 29 euros (en vez dos 89 euros que custaba a substitución habitualmente), conseguindo así que os vellos smartphones funcionasen co seu rendemento orixinal.
Este escándalo, que algúns denunciaban como obsolescencia programa, aínda que na práctica era todo o contrario, só que realizado cunha falta de transparencia por parte de Apple, que en ningún momento informara aos consumidores dunha modificación de iOS que reducía a velocidade de funcionamento dos móbiles cando detectaba unha batería degradada, permitindo así unha drástica redución da autonomía do móbil e procurando evitar apagados de súpeto dos dispositivos.
A Dirección Xeral de Competencia, Consumo e Redución da Fraude de Francia levaba un tempo investigando o acontecido, e finalmente concluíu que os propietarios dos móbiles non foron informados debidamente do que acontecía coas actualizacións de iOS que afectaban ao rendemento dos seus móbiles, o que levou a que algúns chegasen a renovar o seu dispositivo, polo que Apple tería realizado unha práctica comercial enganosa por omisión, condenando á empresa da mazá a pagar 25 millóns de euros por esta infracción.
Apple terá que pagar 25 millóns de euros en Francia por facer lentos os vellos iPhone
Compartir Este Artigo
