As Xornadas PolÃtica2.cero converten Compostela nun macroforo de debate da nova comunicación
mércores, 14 de setembro do 2011
As
Xornadas Politica2.cero, dirixidas a
expoñer en detalle o potencial das redes e as ferramentas sociais na vida función
pública, inauguráronse hoxe xoves 14 en Santiago contando coa presenza dunha
boa parte dos máis prestixiosos especialistas estatais en materia de comunicación
ligada á innovación, e viceversa. O encontro, que conta co apoio do Concello de
Compostela (co seu alcalde, Xerardo Conde Roa, oficiando a apertura das
actividades), comezou coa intervención de Cristina Cifuentes, encargada de
abrir a quenda de relatorios a través dun percorrido polo cambio da propaganda á
comunicación polÃtica. O evento, que se celebra no Mosteiro de San Martiño
Pinario, irá acollendo ao longo das dúas xornadas en que se desenvolve (hoxe e
mañá xoves) a un bo número de especialistas en consultorÃa polÃtica e promoción
en Internet a través das canles 2.0.
Segundo
apunta a organización, trataranse en detalle cuestións especÃficas como as
posibilidades destas ferramentas para acadar a máxima repercusión dunha campaña
electoral ou a capacidade que temos como cidadáns de participar dixitalmente na
vida pública.
Por
certo que abano de relatores que incorpora o programa recentemente completado é
especialmente amplo: amais de especialistas nestes eidos temáticos como Esther
Checa, Antoni Gutiérrez, Carlos Gutiérrez ou Ricardo Maturama, tamén haberá
representantes polÃticos con experiencia ampla nas redes sociais, como o
alcalde de Jun, Antonio RodrÃguez, ou mesmo a vicepresidenta da Asemblea de
Madrid, Cristina Cifuentes.
Asemade,
o evento compostelán dará acubillo, entre outras moitas cousas, a unha mesa
redonda onde se afondará polo miúdo na potencialidade das canles 2.0 na
promoción de produtos e servizos, unha mesa que contará coa presenza de Javier
Piedrahita, Paz Pérez Pernas, Javier Recuenco, Nacho de Francisco e Alberto
Seoane. Lembrar tamén a organización incluÃu na súa axenda a prestixiosos
representantes da estratexia polÃtica dixital en Hispanoamérica, como Javier
Sánchez Galicia, Felipe BenÃtez ou Eduardo Congrains.

