As industrias creativas xuntan forzas fronte a intelixencia artificial en AI Assemble

martes, 10 de setembro do 2024 Marcus Fernández

Tras a súa presentación no marco do congreso Mundos Digitales, a iniciativa AI Assemble volve facer un chamamento na procura da participación neste proxecto que quere agrupar a empresas, laboratorios profesionais e institucións ligadas á investigación, desenvolvemento e implementación da intelixencia artificial en contextos de alta especialización científica, para o deseño e divulgación dunha estratexia sobre a aplicación da IA dende diversas perspectivas destacando o contexto das industrias creativas dixitais.
O obxectivo de AI Assemble é dar visibilidade á visión do grupo, incluíndo o ámbito técnico e tecnolóxicos cunhas perspectivas ética e xurídica transversais e permanentes, así como para facer da chegada da IA unha oportunidade para potenciar a creación de contidos.
Os interesados en participar nesta iniciativa á que xa se adheriron entidades como o CPEIG e empresas como El Ranchito, poden contactar por correo electrónico cos seus responsables.