As metodoloxías áxiles e o seu futuro, ao detalle nunha xornada formativa impulsada por Vitae
martes, 24 de outubro do 2017
O vindeiro 21 de novembro temos unha cita en Vigo
con boa parte das metodoloxías máis avanzadas para poñernos na
pel dos usuarios dos nosos servizos, sendo quen de atopar as súas
demandas mesmo antes de que sexan formuladas. Estamos a falar do
evento Xestión
de Proxectos Áxiles vs. Xestión de Organizacións Áxiles,
unha cita formativa, de balde, na que se falará arreo sobre o
escenario actual das metodoloxías áxiles e do seu futuro, facendo
fincapé en como deseñar de maneira adaptativa produtos e servizos,
e afondando en cuestións como a xestión da calidade do software, na
xestión das persoas e en como implantar metodoloxías eficaces nunha
organización con casos reais. O evento vén da man de Vitae
Consultores, o CITEXVI, a Universidade de Vigo e Scrum Manager.
Celébrase o martes 21 na sede do CITEXVI.
Outro dos obxectivos do evento é xuntar forzas,
intercambiando experiencias e amosándoas ao detalle, a prol de
conseguir unha integración óptima das metodoloxías áxiles no seo
dunha empresa. “As metodoloxías áxiles para a xestión de
proxectos”, explica Vitae, “estanse a introducir con moita forza
e rapidez nas organizacións e ás veces estas non están preparadas
para o cambio de prioridades nin dos procesos nin nas persoas”.
Programa de actividades
09:45 - 10:00 Recepción de asistentes
10:00 - 10:10 Benvida e introdución
Nacho Armesto, Universidade de Vigo
Marcos Carbonell, Vitae
10:10 - 10:40 Relatorio: Axilidade e Innovación
Juan Palacio
10:40 - 11:20 Relatorio: Deseño adaptativo con
Design Thinking
Adrián Ager
11:20 - 11:40 Café - Networking
11:40 - 12:10 Casos de éxito : Calidade e Testing
en Proxectos Áxiles
Juan Martínez
12:10 - 12:50 Casos de éxito, Xestión de Persoas
en Metodoloxías Áxiles
Josefina Alonso Nocelo
12:50 - 13:50 Casos de éxito, Implantación de
Metodoloxías Áxiles nunha organización
Manuel Doval
13:50 - 14:00 Rogos e preguntas
Relatores
– Juan Palacio. Profesor de Enxeñaría do
Software e profesional con máis de 20 anos de experiencia en xestión
de empresas, proxectos e equipos.
Dirixiu a área técnica de iA Soft
(actualmente Grupo Oesía - Zaragoza). É fundador de Scrum Manager,
proxecto que actualmente preside, e tamén fundador de Safe Creative
e Safe Stamper, empresas que dirixe a día de hoxe.
– Adrián Ager. Licenciado en Publicidade e
Relacións Públicas cun master en Mercadotecnia ademais de posgraos
en Innovación e Creatividade.
Profesional con máis de 5 anos de
experiencia desenvolvendo proxectos dixitais a través de
metodoloxías como Design Thinking e Lean Startup tanto
para grandes empresas como para proxectos en startups.
Traballou en Orange, na Fundación Telefónica e en BEEVA, consultora
de Innovación e Tecnoloxía do grupo BBVA.
– Juan Martínez Neira. Licenciado en
Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela.
A día de
hoxe é director da área de desenvolvemento de software de Plexus,
consultora tecnolóxica galega con máis de 700 empregados.
Profesional con máis de 15 anos de experiencia no sector TI
traballando con metodoloxías áxiles e preditivas.
– Josefina Alonso Nocelo. Enxeñeira Superior
en Informática pola Universidade de Vigo.
Actualmente é responsábel
da área de Aseguramento da Calidade e Seguridade Funcional da
División de Electrónica, HMI e Sistemas ITS do Centro Tecnolóxico
de Automoción de Galicia (CTAG). Posúe máis de 18 anos de
experiencia no eido do desenvolvemento de software destacando a súa
actividade na xestión e dirección de proxectos TI con metodoloxías
áxiles (Scrum, XP) e Preditivas (PMI, CMMI) para os sectores do
motor, o aeronáutico e do espazo.
– Manuel Doval. Licenciado en Ciencias
Biolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid e posgrao en
Dirección de Empresas polo IESE.
Foi durante 19 anos o director IT
na empresa R Cable e Telecomunicacións, sendo uns dos pioneiros en
implantar metodoloxías áxiles tanto a nivel de proxectos como na
organización.