As potencialidades das tecnoloxÃas para o deporte, ao detalle en Santiago da man de R e Cinfo
venres, 15 de marzo do 2019
O
vindeiro 21 de marzo, no AC Palacio do Carme de Santiago, vaise
celebrar unha xornada as cousas que poden facer os máis avanzados
desenvolvementos dixitais para impulsar o deporte en todas as súas
facetas: a práctica en si mesma de actividades, a busca de novos
xeitos de chegar ao público, a transformación tecnolóxica dos
equipos, dos clubs e das entidades deportivas, etc. A
xornada TecnoloxÃa e Deporte vén da man das empresas galegas
R e Cinfo, contando co impulso da SecretarÃa Xeral para o Deporte da
Xunta.
Respecto
do programa, as accións darán comezo ás 9.30, coa benvida aos
participantes a cargo de Alfredo Ramos, director xeral de R. A
continuación será a quenda de Iván Clavel, xerente da Fundación
Deporte Galego, que presentará a xornada, para dar paso a Antonio
RodrÃguez del Corral, director executivo (CEO) de Cinfo, que falará
sobre a realización automática de eventos deportivos. Logo, sobre
as 10.10, será a quenda de Gabriel Barros, responsábel de Marketing
do Real Club Deportivo da Coruña, que abordará a transformación
dixital aplicada ao fútbol, dando paso (arredor das 10.20) a Alberto
DÃaz, responsábel de Transformación Dixital de R, que fará un
repaso polas claves para facer impulsar a evolución dun club
deportivo.
A
xornada completarase ás 10.30 horas cunha mesa profesional sobre
dereitos audiovisuais do deporte non maioritario, no que participarán
presidentes federativos e expertos en televisión debatendo sobre as
posibilidades de emisións deportivas para seareiros e como explotar
e visualizar deportes minoritarios a través dos novos modelos
televisivos de Internet. Participan nesta mesa José Pereira Fariña,
director de Innovación e Negocio da CRTVG, Rafael Louzán,
presidente da Federación Galega de Fútbol, MarÃa Iglesas,
responsábel de comunicación da Federación Galega de Baloncesto,
Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán, José
Alfredo Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo, e
Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo.
Logo
do almorzo de networking previsto para as 11.00 horas, Monbus
Obradoiro desenvolverá un obradoiro-demostración sobre ferramentas
de análise deportiva. De seguido celebrarase outra mesa profesional,
desta volta sobre tecnoloxÃas emerxentes aplicadas ao deporte.
Participan Santiago RodrÃguez, directivo do Instituto Tecnolóxico
de Galicia, Pablo Pintos, promotor deportivo da Federación Nacional
de Luchas OlÃmpicas, Pedro Pernas, secretario de PraÃña Sporting
Club (Sigue tu Liga), e Carlos Rivas, doutor e investigador do Grupo
GIST da Universidade de Vigo.
Os
relatorios retomaranse arredor das 12.10 horas da man de Leonor
Gallardo, que falará de xestión e liderado deportivo. Rematará a
xornada José Ramón Lete, secretario xeral de Deporte, quen ofrecerá
a súa visión sobre as posibilidades das tecnoloxÃas para as
prácticas deportivas.