Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea pon en xogo novas iniciativas de formación para ampliar o seu persoal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea pon en xogo novas iniciativas de formación para ampliar o seu persoal

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/05/2011
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Carlos Segade, responsable de Balidea
Carlos Segade, responsable de Balidea
Balidea, empresa galega especializada en deseño e integración de software de xestión e plataformas de eAdministración, vén de anunciar unha nova estratexia formativa encamiñada a reforzar o seu cadro de persoal. Esta iniciativa, dirixida a integrar novas e novos traballadores favorecendo “o emprego estable e de calidade”, conta para o seu desenvolvemento co apoio da Consellería de Benestar. Con esta aposta pola formación, que non é nova nesta empresa con sede en Compostela, dáselle continuidade á longa experiencia da firma en incorporación de bolseiras e bolseiros a través de distintas canles: primeiro con convenios con entidades de formación públicas e privadas e dende 2010 con convocatorias de bolsas propias. A idea inicial que agora adquire novos folgos foi a de integrar ás bolseiras e bolseiros na dinámica de traballo da organización, para facilitarlles a súa incorporación futura é empresa.
A estratexia de Balidea, salientable nun contexto laboral galego que amosa unha taxa de paro xuvenil en constante proceso de aumento (arestora do 25,4%), oriéntase en boa medida a achegar coñecemento práctico sobre tecnoloxía ou xestión co que complementar os contidos teóricos que os beneficiarios da iniciativa adquiriron nos seus estudos.
A novidade con respecto ás accións formativas previas de Balidea radica en que agora a estratexia de ensinanza non só abrangue ao persoal bolseiro senón tamén a persoas desempregadas, sendo a finalidade básica a de “mellorar a súa cualificación para convertelas en futuros traballadores e contribuír a que aumente a súa competencia profesional”.
A firma ten nestes intres aberto un proceso de selección das persoas que van participar nas accións formativas (a desenvolver en breve na propia empresa) para deseño e desenvolvemento de aplicacións web empregando ferramentas CMS e J2EE, programación de aplicacións avanzadas en Java. “A escolla destas materias non foi casual”, sinalan os responsables da empresa, xa que o que se pretende “é propiciar que as habilidades adquiridas sirvan para abrir novas portas no mercado laboral, afondándose en contidos que respondan á demanda actual do sector”. E continúan: “Trátase, por poñer un exemplo, do tipo de coñecementos que Balidea requirirá para proxectos que pensa abordar nun futuro inmediato, caso da modernización de sistemas de información policial do Departamento de Interior do Goberno vasco ou doutros de reforma no eido sanitario en diferentes comunidades autónomas”.
Estes cursos poñen a disposición dos asistentes unha serie de axudas e o compromiso da empresa de contratar a un 60% do alumnado que o remate. En definitiva, informa Balidea, as bolsas non son só un xeito de reforzarse laboralmente a si mesma, senón tamén de “colaborar no desenvolvemento profesional dos que serán os futuros traballadores e traballadoras das TIC en Galicia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?