Borja Adsuara impartirá un relatorio sobre Smart Cities en Compostela
luns, 18 de marzo do 2013
O vindeiro mércores a partir das 11:30 horas o Hotel AC
Palacio do Carme de Santiago de Compostela será o escenario para a celebración
da xornada
Smart Cities e conectividade,
organizda polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia
(COETG), o Consello Territorial de AMETIC Galicia e a Asociación para o
Progreso da Dirección (APD), contado como principal relator ao director xeral
de Red.es, Borja Adsuara Varela.
No encontro tamén participará Mar Pereira, directora da Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia, e tras as intervencións persoais
desenvolverase un coloquio que achégase como unha oportunidade para que as
empresas e profesionais do sector TIC galego poidan coñecer detalladamente os
principais avances que están a levarse a cabo na materia da man dun dos principais
expertos neste ámbito.
Para poder asistir ao encontro é preciso inscribirse na páxina
web da Asociación para o Progreso da Dirección.