Premir celebra en Compostela un evento formativo sobre tecnoloxías de Apple
venres, 19 de abril do 2024
Este sábado o centro de Premir en Santiago de Compostela acolle un evento de formación ao redor da tecnoloxía de Apple e dirixido e desenvolvido exclusivamente por profesorado. Os docentes contarán exemplos e casos de éxito que funcionaron nas aulas, realizarán intervencións con aplicacións innovadoras e porán exemplos sinxelos sobre como implementar novas tendencias. Desenvolverase de 10:30 a 13:30 horas e é preciso inscribirse para poder asistir.
Entre os relatores figuran Rubén Benet do Colexio Narval (Apple Distinguished School) e os Apple Distinguished Educators Begoña Codesal, Rubén Molinero, Manel Rives e Antonio R. Sánchez; tamén se desenvolverán obradoiros prácticos sobre realidade aumentada, debuxo, podcast e vídeo, e pecharase o encontro cunha actividade enerxética (Apple Teacher Battlemania).