Brión oferta cursos de informática para as nenas e nenos do Concello
venres, 5 de setembro do 2008
O Concello de Brión vén de
anunciar a organización de cinco cursos de informática para cincuenta rapazas e
rapaces do municipio, que terán lugar do vindeiro 6 de outubro ao 19 de decembro.
Os cursos van
dirixidos a nenas e nenos do concello de idades comprendidas entre os 4 e os 14
anos, os cales serán divididos en cinco grupos de acordo coas idades dos
participantes, para asistir a cadansúa clase semanal entre as 17:30 e as 18:30
horas.
O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 26 de setembro na Casa
da Cultura, se ben tamén se pode rexistra-la inscrición a través do teléfono
981 509 908 ou a través da web briondixital.org.
A admisión realizarase por orde de inscrición e o prezo será de 20 euros por
trimestre.