Buffalo pon á venda o primeiro router Wi-Fi que acada velocidades de ata 1,3 Gbps
luns, 14 de maio do 2012
Este mes vai chegar ás tendas o router Netgear
R6300 que grazas a conectar con conectividade sen fÃos baixo o estándar
IEEE 802.11ac pode establecer comunicacións de datos sen fÃos de ata 1,3 Gbps,
presumindo de ser o primeiro dispositivo comercial deste tipo en pórse no
mercado, pero non é bo consello vender a pel do oso antes de cazalo, e Buffalo
Technology adiantouse co router
AirStation WZR-D1800H, que xa está á venda, converténdose asà no primeiro á
venda a un prezo de 179,99 dólares (140,13 euros).
O novo router integra un chip 5G Wi-Fi de Broadcom, que permite triplicar a
velocidade das actuais comunicacións por Wi-Fi N mantendo a
retrocompatibilidade; cando opera na banda dos 5 GHz é capaz de realizar
transferencias ata a 1,3 Gbps, o que resulta ideal para mover vÃdeo en alta
definición ou a varios equipos conectándose á Internet de banda ancha.
Paralelamente á conexión na banda de 5 GHz, tamén pode establecer comunicacións
na dos 2,4 GHz a unha velocidade de ata 450 Mbps. Completan estas
especificacións 4 portos LAN e 1 porto WAN (os cinco a 1 Gbps) e 1 porto USB
para poder funcionar como almacenamento ou impresora en rede.
Para completar a este produto, Buffalo tamén estrea o bridge
AirStation WLI-H4-D1300, que ten o mesmo prezo que o anterior, pero que ten
a utilidade oposta (ou complementaria), ou sexa, que serve para conectar a 4
dispositivos por cable, tomando o seu acceso á Rede a través de Wi-Fi.