Chega a España o agardado Monster Hunter Tri

venres, 23 de abril do 2010 Marcus Fernández

Tras moita expectación, hoxe chega ás tendas españolas Monster Hunter Tri, unha decidida aposta de Capcom pola consola doméstica de Nintendo, que promete colocar o listón moi alto no tocante a gráficos e experiencia de xogo en liña (que será de balde, mentres que no Xapón hai que pagar unha cota mensual para acceder a tal modalidade de xogo). Tamén é posible compartir o xogo cun amigo en local grazas á modalidade de pantalla dividida.
Esta entrega da popular saga de caza de monstros estréase na Wii en distintos paquetes (véndese cunha consola, cun mando, co Wii Speak ou solto) de xeito que queda patente a confianza de Nintendo neste título, que podería ser o primeiro super-éxito da Wii non desenvolven eles directamente.
A anterior entrega da saga chegou para a PSP, pero o salto a unha consola doméstica máis popular entre o seu público obxectivo (principalmente xente moza) fai que agárdese que esteamos ante o capítulo máis prometedor das aventuras dos cazadores de monstros fantásticos, que teñen un éxito impresionante no Xapón, que podería contaxiarse a occidente co Monster Hunter Tri, título que convencerá a moitos xogadores co seu trailer:

PUBLICIDADE