Chega a España o servizo de verificación de contas de Meta
mércores, 5 de xullo do 2023
No mes
de febreiro Meta
anunciou un plan de pagamento para a verificación de contas, Meta Verified,
dando a impresión de que Facebook e Instagram recibirán un tratamento semellante
ao de Twitter co servizo Twitter Blue, e hoxe anuncian que este
servizo de subscrición inicia a súa chegada a España, aínda que non chegará
a todos os usuarios de vez, senón que irá espallándose progresivamente.
Meta Verified terá
un prezo de 13,99 euros/mes (16,99 euros de realizarse o pagamento a través dunha
tenda de aplicacións), sendo xa posible unirse na súa lista de agarda para
poder gozar do servizo cando estea dispoñible para nós. Os usuarios deben
demostrar a súa identidade, tras o que poderán contar dunha insignia de
verificación en Facebook/Instagram, gozarán dun sistema de supervisión activa
para evitar a suplantación da súa identidade, contarán cun servizo de asistencia
directa cunha persoa real (que está dispoñible actualmente en inglés, francés,
alemán, portugués e español), asegura mellorar a visibilidade nos comentarios e
nas recomendacións e contará con vantaxes exclusivas que polo momento son
adhesivos exclusivos.
Cómpre salientar que Meta Verified é un servizo destinado a usuarios
particulares, non a empresas.