Comeza en Compostela Monumental un curso de Office para combater o desemprego feminino

luns, 20 de marzo do 2023 S. P.

A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental ten en marcha un Curso de Office para achegar formación en materia de ofimática e xestión empresarial. A actividade abéirase ao Programa Integrado de Emprego de Compostela Monumental e desenvólvese en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Grazas a este curso, as distintas alumnas participantes, mulleres desempregadas, de baixa cualificación profesional e en risco de exclusión social, aprenderán á manexar con destreza as aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, así como as aplicacións informáticas máis usuais das redes sociais e Internet.
O curso, de 40 horas presenciais, finalizará o próximo día 4 de abril, e a formación lévase a cabo nas instalacións que Compostela Monumental ten na Algalicia de Arriba 31, en pleno centro histórico.

PUBLICIDADE