Comeza na Rede a votación de finalistas do certame aRi[t]mar de poesía galego-lusa
mércores, 14 de abril do 2021
Finalmente
abriu o período de votación popular online
para elixir o
mellor poema galego e
portugués
de 2020, ao abeiro do certame aRi[t]mar,
impulsado pola Escola
Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela coa
colaboración de entidades de ámbalas beiras da raia como as
Secretarías Xerais de
Cultura e de Política Lingüística, a Deputación Provincial da
Coruña, do Concello de Santiago de Compostela, do Agrupamento
Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e do
Instituto Camões-Centro Cultural Portugués de Vigo.
O
xurado seleccionou as vinte (10+10) poesías portuguesas e galegas
nomeadas. As
persoas que quixeren participar poderán
votar a través da web do certame,
desde as 12:00 h do día 14 de abril até ás 23:59 h do día 10 de
maio, e poderán participarán posteriormente nun sorteo dun lote de
libros e Cds.
Os
poemas finalistas galegos son da autoría de: Ana Romaní, Arancha
Nogueira, Carlos Lorenzo/Baldo Ramos, Iria Pinheiro e María Lado,
Eduardo Estévez, Lucía Cernadas, María Lado, Rosa Enríquez,
Rosalía Fernández Rial e Francisco Fernández Naval.
Por
Portugal resultaron nomeados: Álamo Oliveira, Alexandra Santos,
Hélia Correia, João Pedro Méssender, Jorge C. Ferreira, Jorge
Sousa Braga, Márcia, Raquel Serejo Martins, Rosa Oliveira e Samuel
F. Pimenta.
Os e
as poetas gañadores, xunto coas músicas xa escollidas, Guadi Galego
e Cláudia Pascoal, recibirán os galardóns na Gala de Premios
aRi[t]mar Galiza e Portugal 2021 do próximo outono