Compañías líderes en tecnoloxía mostrarán as principais tendencias TIC da man de R
venres, 10 de febreiro do 2023
Dende
o vindeiro luns 13 e ata o venres 17 de febreiro, en formato dixital
e interactivo, especialistas de empresas referentes do eido dixital
ofrecerán a súa visión sobre as principais tendencias tecnolóxicas
e os retos derivados da transformación das empresas no marco da II
Semana das Tendencias TIC que organiza a operadora de orixe galega R.
As
xornadas, divididas en cinco sesións de 30 minutos cada unha,
estarán dirixidas cada día por un experto/a dalgunha das compañías
tecnolóxicas punteiras no mundo convidadas ao evento; neste caso,
Fortinet, Aruba, Microsoft, Red Hat e Commvault, que, por esta orde
de luns a venres, debullarán as principais tendencias TIC que marcan
os novos tempos. Amais, segundo explica R, ofrecerán “a súa
visión estratéxica para axudar na toma de decisións e adiantarse
aos desafíos máis importantes que será necesario afrontar no
sector da TIC ao completo, nun futuro que xa está presente”.
As
sesións serán de balde e accesibles mediante inscrición previa.
As
sesións
A
primeira sesión correrá a cargo de Cristian Bermejo, de Fortinent,
que afondará nas claves para garantir a integración da seguridade da cloud co
posto de traballo.
O
martes 14 será a quenda de Aruba. Nesta xornada, Iratxe Macías
analizará presente e futuro da tecnoloxía da conectividade na
empresa e a axilidade necesaria para adoptar novas capacidades e
procesos apoiados na tecnoloxía.
A
terceira sesión correrá a cargo de Microsoft, coa intervención de
Manuel García, que afondará na utilización de ferramentas que lles
axuden ás empresas a protexerse das ciberameazas.
Red
Hat, co experto Alberto Torres, afrontará a xornada do xoves para
analizar a novo paradigma do desenvolvemento de aplicacións e como
implantar a arquitectura de microservizos.
Por
último, o venres 17, a II Semana das TIC concluirá coa quenda de
Commvault, da man de Sandra Espinoza, que afondará na xestión do
dato, un activo estratéxico clave nas compañías neste momento.
Cada
unha das sesións finalizará cunha quenda de preguntas na que os
participantes poderán conversar cos expertos e as expertas e expor
dúbidas e cuestións xurdidas ao longo da intervención.
