Competencia abre un expediente a Movistar, Vodafone e Orange

martes, 16 de outubro do 2007

A Comisión Nacional de Competencia abriu un expediente sancionador contra as 3 principais operadoras de telefonía móbil en España por se pactaran a subida das súas tarifas o pasado 1 de marzo para compensar a lei contra o redondeo.
A intervención da CNC é consecuencia dunha denuncia presentada pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) e outras organizacións, que consideraron que a suba non estaba xustificada (o servizo resulta cada vez máis barato para as operadoras e máis caro para os usuarios), polo que o organismo estatal deberá comprobar se Movistar, Vodafone e Orange pactaron os seus prezos, polo que se lles podería impor unha multa de ata o 10% da súa facturación anual.

PUBLICIDADE