Conseguen facer correr dignamente Cyberpunk 2077 en Android
mércores, 25 de febreiro do 2026
A idea de executar o xogo Cyberpunk 2077 nun teléfono móbil semellaba disparatada cando o xogo se publicou en 2020, pois nin sequera corrÃa axeitadamente en consolas PlayStation 4 e Xbox One, pero seis anos despois o escenario mudou de xeito notable e hai quen conseguiu facer funcionar a versión para PC do tÃtulo de CD Projekt RED nun smartphone Android, acadando taxas de imaxes por segundo bastante dignas.
A proba realizouse cun Red Magic 11 Pro, un dos smartphones máis potentes do mercado actual, equipado cun procesador Snapdragon 8 Gen 5 e cun sistema de refrixeración lÃquida interna e ventilador activo, o que lle permite manter frecuencias elevadas durante sesións prolongadas. Para a emulación empregouse a plataforma GameHub de GameSir, que integra a capa de compatibilidade Proton impulsada por Valve, elemento clave para trasladar xogos de PC a Android.
En configuracións baixas, con resolución 720p e FSR 2.1 en modo equilibrado, o teléfono foi quen de manter arredor de 30 imaxes por segundo na maior parte das situacións. Nos momentos máis esixentes, o rendemento baixou aos vinte e tantos fotogramas por segundo, pero sen caer a cifras crÃticas. Segundo o creador de contidos que realizou a proba, ETA Prime, a fluidez resultou consistente dentro das limitacións propias desa taxa de refresco.
Ao activar a xeración de fotogramas de FSR, o comportamento mellorou de maneira significativa. As cifras máximas situáronse preto das 50 imaxes por segundo, con mÃnimos na franxa dos corenta. Mesmo coa configuración predeterminada tipo Steam Deck (que eleva algúns parámetros gráficos a nivel alto), o smartphone foi capaz de manter arredor de 27 imaxes por segundo sen xeración de fotogramas e entre 40 e 50 imaxes por segundo con ela activada.
Os datos do monitor interno amosan unha carga de CPU entre o 60 % e o 80 %, mentres que a GPU se moveu entre o 50 % e o 60 %. A memoria RAM (16 GB LPDDR5T) tamén traballou preto do seu lÃmite, con ocupacións superiores ao 80 %. A temperatura foi o punto máis delicado: malia o sistema de refrixeración integrado, o procesador alcanzou picos próximos aos 100 °C, unha problemática recorrente nos dispositivos baseados no Snapdragon 8 Gen 5.
A demostración confirma o salto cualitativo que experimentou a emulación de PC en Android. A combinación de optimizacións de software (co apoio de Valve á emulación en Android) e o incremento sostido da potencia dos chips móbiles abriu a porta a escenarios que antes pertencÃan á ciencia ficción.
VÃdeo no que se amosa o funcionamento de Cyberpunk 2077 nun smartphone Red Magic 11 Pro
