Coremain fortalece o proxecto Videoguard coa súa bagaxe en plataformas de xestión
luns, 10 de marzo do 2014
A
firma Coremain é a líder
da vertente empresarial do proxecto
Videoguard, o que significa que está á fronte do consorcio
formado por Retegal, TRC e Bastet. Esta é parte empresarial dunha
alianza na que tamén se integran o centro tecnolóxico Gradiant,
achegando toda a súa longa experiencia en análise de vídeo e
deseño de software, e máis a Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a Consellería de Medio Rural e Mar
e a Axencia Galega de Innovación. Como lembraremos, Videoguard
diríxese a dar forma a un sistema de
videovixilancia intelixente para a prevención e persecución da
pesca e do marisqueo ilegal na nosa costa. No
caso concreto desta iniciativa galega, Coremain subministra xestión
global e responsabilízase das tarefas relacionadas coas plataformas
de xestión.
En
Código Cero tivemos oportunidade de falar con Luís Álvarez
Sestelo, director xeral da empresa emprazada no Polígono de Costa
Vella de Santiago, para que nos subministrase máis datos sobre o
cometido da compañía nesta fronte público-empresarial contra o
furtivismo na nosa costa. Isto é o que nos contou.
-Sen
dúbida un dos puntos máis interesantes do
desenvolvemento de
Videoguard é
o feito de que estean participar no proceso varias empresas, centros
de investigación e entidades públicas da nosa terra. Coremain é
unha das empresas que están a pór en xogo a súa experiencia na
consecución e aplicación de Videoguard. En que consiste exactamente
a contribución de Coremain?
-Coremain
é líder do consorcio. Isto responde a que polo seu carácter de
gran empresa, asume o papel de tractor de firmas máis pequenas da
nosa contorna. Se baixamos a niveis máis técnicos, Coremain aporta
a súa experiencia de máis de 20 anos en desenvolvemento de
aplicacións de xestión para entidades públicas e privadas, e no
proxecto, ademais da coordinación, leva os paquetes de
desenvolvemento da plataforma de xestión dos contidos audiovisuais.
-Que
valor lle atopades á colaboración público-privada que se está a
xerar arredor do proxecto
Videoguard? Que beneficios lle veces a este tipo de colaboración,
neste caso concreto financiada con Fondos Innterconecta? Como
valorades este xeito de traballar?
-Se
revisamos a características completas deste proxecto vemos que parte
dunha necesidade real da economía galega, contrastada polo consorcio
cas autoridades pertinentes. Por unha banda, ten un consorcio con
experiencia complementaria: infraestruturas de telecomunicación,
desenvolvemento de plataformas de xestión, integración de sistemas
de comunicación e almacenamento, videovixilancia. Por outra banda,
busca un uso eficiente des infraestruturas, evitando novos despregues
e aproveitando os actuais. Con todo isto, e a colaboración dun dos
centros de coñecemento de referencia da nosa comunidade, a foto é
perfecta.
Respecto aos beneficios, Galicia precisa de
elementos que aceleren a colaboración empresarial. Durante moitos
anos as empresas preferían traballar soas; actualmente, o entorno
económico precisa que as entidades compartamos os riscos. É o que
ocorre neste proxecto. Ademais, a axuda económica do programa reduce
inda máis ese risco, pois non podemos esquecer que estamos a falar
dun proxecto de Investigación e Desenvolvemento e innovación
(I+D+i). Para Coremain, esta é a forma de traballar. Como exemplo,
dos proxectos lanzados no ano 2013 pola compañía, case todos eles
foron en colaboración con outras empresas.
-Respecto
aos Fondos Innterconecta, que oportunidades considerades que abren?
-Como
dicía, é unha forma de reducir o risco das empresas á hora de
afrontar proxectos innovadores, forzando ademais
a colaboración empresarial. Preocúpanos que os centros de
coñecemento poidan
velos
como unha forma sinxela de ter ingresos, pola obriga
que temos as empresas de subcontratar o 15% a este centros, e deixen
de lado o
que considero debe ser a
súa finalidade básica:
xerar coñecemento de valor para que non sexa un 15% senón un 20% ou
un 50% o que lles
subcontratemos.