Coremain renova até 2025 a certificación que confirma a excelencia da súa xestión de calidade
martes, 7 de marzo do 2023
Coremain
comezou o mes de marzo cun importante recoñecemento á súa
excelencia tecnolóxica e operativa. Concretamente, renovou
até 2025 a certificación ISO 9001, que garante que o Sistema de
Xestión de Calidade de Coremain cumpre “cos máis altos e
esixentes requisitos e procedementos desta norma, tras superar con
éxito tanto as auditorías de seguimento como a definitiva de
renovación, realizada o pasado mes de decembro”, segundo informou
a empresa con sede principal no Polígono de Costa Vella de Santiago.
Fontes
da empresa tecnolóxica engaden que “o alcance desta certificación
afecta tanto aos nosos servizos de subministración, instalación,
reparación e mantemento de equipos informáticos, como á xestión e
implantación de proxectos de cableados estruturado e comunicacións”.
Tamén á dirección de proxectos de consultoría e asistencia
técnica, xestión de centros de atención ao usuario e prestación
de servizos de soporte funcional e técnico, así como aos estudos de
viabilidade, análise, deseño, construción e implantación de
sistemas de información e xestión de proxectos informáticos.
A
súa consecución acredita ademais o compromiso de Coremain coa
excelencia na xestión e a mellora continua. “Tamén”, engaden,
“a nosa capacidade para ofrecer servizos seguros e fiábeis,
rexidos cos máis altos estándares de calidade, así como para
introducir solucións e unha metodoloxía de traballo enfocada a
mellorar a satisfacción dos nosos clientes, mediante a vixilancia de
procesos críticos e a aplicación de medidas correctivas, cando
identificamos elementos de mellora”.
Trátase
dun novo logro que “conseguimos como equipo, que implica un
importante esforzo e traballo de fondo, así como un proceso de
constante de evolución que forma parte da nosa cultura empresarial”,
conclúen.