Coruña Bloggers volve o último venres de novembro
luns, 18 de novembro do 2019
O
vindeiro 29 de novembro non só será unha cita para o consumismo por mor do
Black Friday, senón que a data tamén foi a elixida por Coruña
Bloggers para celebrar unha nova edición no salón de actos da Fundación Barrié
a partires das 19:30 horas, estando xa dispoñible o formulario
de inscrición ao evento de asistencia de balde, aínda que prégase aos que
acudan que leven un mínimo de 1 quilogramo de alimentos non perecedoiros para a
súa doazón á Cociña Económica local, como vén a ser habitual nesta cita que en
anteriores edicións achegou 2.520 quilos de comida.
Nesta ocasión o encontro botará a andar cun relatorio de Edu Rubianes de Refrescando Negocios, quen
ilustrará sobre «como potenciar o teu negocio grazas á túa marca persoal»; completará
a cita Santi Rey, un dos
responsables do programa de radio da Asociación AtlanTICs para CUAC FM que
tamén pode
seguirse en formato podcast, e que explicará como gravar un podcast sen
contar cun grande investimento económico.