DATAlife e Raiola impulsan un proxecto de dixitalización para mellorar o benestar das persoas maiores en residencias
xoves, 16 de marzo do 2023- A directora do centro de Raiola Residencial en San Marcos e o seu equipo profesional
O
hub galego DATAlife
mobilizou un proxecto de dixitalización liderado por Raiola
Residencial e subvencionado polo IGAPE (liña Industria 4.0) para
mellorar o benestar e a calidade de vida das persoas maiores en
residencias de Raiola. Trátase da iniciativa +MANS 4.0, baseada na
tecnoloxía dos obxectivos conectados (Internet das Cousas, IoT) e
financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do
programa FEDER Galician 2014-2020. O alicerce do proxecto, o seu
cometido base, é recoller datos da actividade dos centros e propoñer
melloras na xestión do traballo.
Raiola
Raiola
SAPM S.L. é unha empresa de recente creación que xestiona
aloxamentos para persoas maiores en Galicia, concretamente nos
concellos de Santiago de Compostela, Sada e Oleiros, baixo un modelo
de servizos orientado ao benestar dos residentes. Raiola aposta por
unha xestión baseada na innovación e traballa a partir dun modelo
centrado na persoa, con atención individualizada e de calidade que
pretende mellorar o enfoque da residencia tradicional e a experiencia
que viven os usuarios.
+MANS
4.0, participantes
O
proxecto +MANS 4.0 consiste na implantación dun sistema de mellora
para a atención de persoas mediante tecnoloxías conectadas. No
proxecto, ademais de Raiola, participan as firmas Anta Norte S.L. e
ANM Soluciones Tecnológicas S.L.
Anta
Norte S.L., con sede no concello de Vedra, é unha firma de enxeñaría
con clasificación Empresa Innovadora de Base Tecnolóxico (EIBT) que
ten unha forte vocación pola I+D+i e desenvolve produtos propios e
para terceiros. Céntrase nas necesidades marcadas pola RIS3,
estratexia global para Galicia para mellora da competitividade, o
medre económico e o emprego sustentábel e de calidade a través da
innovación.
Pola
súa banda, ANM Soluciones Tecnológicas S.L. é unha empresa de
desenvolvemento e automatización de ferramentas software, con sede
no concello da Coruña, céntrase de xeito específico no sector
socio-sanitario e pertence ao grupo Servicio Móvil.
O
miolo do proxecto
O
sistema pretende dar solución a unha serie de cuestións propostas
no día a día do sector socio-sanitario. Por unha banda, recolle e
xestión dos datos obtidos neste tipo de centros para maiores. A
ferramenta, que rexistrará a actividade dos traballadores e
usuarios, está baseada en módulos vinculados a tarefas concretas
que permitirán establecer un proceso de mellora continua e terá
unha gran capacidade de adaptación aos cambios.
Por
outra banda, contará cunha novidade no sistema
“paciente-enfermeira”, que evita os sistemas tradicionais de
pantalla/dispositivo no interior das habitacións dos residentes.
“Isto”, explican dende DATAlife, “permitirá realizar
transaccións a través de dispositivos móbiles fóra da sala, e que
o persoal xestione as súas funcións no exterior da habitación da
persoa usuaria”. A implantación e posta en marcha da ferramenta,
que será a curto prazo, “redundará nun servizo de mellor calidade
para os residentes”, sinalan fontes do hub galego.
O
proxecto +MANS 4.0 pretende, entre os seus obxectivos, integrar os
distintos elementos físicos e virtuais nunha única solución,
favorecendo a interoperabilidade dos mesmos. Esta innovadora
ferramenta poderase trasladar e adaptar a outro tipo de residencias
moi diferentes entre si.
Os
proxectos financiados con estas liñas de axuda do IGAPE, en liña
coa estratexia de Hubs de Innovación Dixital da Xunta de Galicia,
pretenden estender o impacto positivo da innovación baseado na
transformación dixital a todas as empresas galegas, especialmente ás
pemes. E, deste xeito, mellorar os procesos de xestión, dentro do
plan de fomento da innovación e do enfoque estratéxico das pemes
innovadoras.
DATAlife
Hub de Innovación Digital, con sede en Santiago de Compostela, é un
proxecto concibido para “converter Galicia en bio-rexión de
referencia en Europa a través da conexión, coordinación e creación
de sinerxías entre os axentes do ecosistema de innovación e os
sectores produtivos”. DATAlife proponse facilitar a incorporación
da intelixencia artificial e a analítica de datos nas pequenas e
medianas empresas (pemes) galegas dos sectores ligados ás ciencias
da vida. DATAlife está ao servizo das firmas galegas para “mellorar
a súa competitividade, permitíndolles aproveitar as vantaxes das
tecnoloxías dixitais para vender máis, optimizaren a súa conta de
resultados, ser máis eficientes e competir con maiores garantías
nunha contorna global”, engaden dende o hub.
Os
socios de DATAlife son cinco clústeres: Cluster Tecnolóxico
Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), Clúster da Acuicultura de
Galicia (CETGA), Cluster da Madeira e do Deseño de Galicia (CMD),
Clúster da Saúde de Galicia (CSG) e Clúster TIC Galicia; cinco
empresas tractoras: Grupo Zendal, FINSA, Televés, Vodafone e Noso
Capital; cinco centros tecnolóxicos: Energylab, Gradiant,
ANFACO-CECOPESCA; Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e
Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM) e o
sistema universitario de Galicia: Universidade de Santiago de
Compostela, Universidade de Vigo e FEUGA.