Dan o coñecer os finalistas dos X Premios EGANET

mércores, 29 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

O vindeiro venres a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet (EGANET) celebrará o acto de entrega da décima edición dos seus Premios, aos que concorreron 105 candidaturas e dos que xa se coñecen os finalistas, aos que se engade o Premio Especial EGANET, que este ano recae no programa Banda Ancha da Radio Galega, dirixido por Xosé María Fernández Pazos, e que leva cinco anos contribuíndo á difusión das TIC e a Sociedade da Información en Galicia, o que levou aos socios de EGANET a querer recoñecer o seu labor.
A listaxe definitiva de finalistas é a que segue:

Proxecto Colaborativo TIC
· Murallas Dixitais, presentado por Astrágalo Studio, Academia Postal3 Vigo, G12 Grupo e CLICTIC
· Portal das Palabras, presentado por imaxin|software, Real Academia Galega (RAG), Fundación Barrié e CG Produccións
· Integración CMS e ERP, presentado por Visual Publinet e Inteco Ingeniería
· Feirón, presentado por R, Softwhisper, A Navalla Suiza e Tuapli
Aplicación Software
· SmartNauTic - Navegador nautico en realidade aumentada, presentado por Human Soft
· Pictoaplicaciones, presentado polo Grupo Promedia
· iPetrol - Monitorización de Estacións de Servicio, presentada por Conexiona Telecom
· xeoPesca, presentado pola Asociación xeoPesca
Comunicación Dixital
· Campaña en Galicia do Sorteo de Oro de Cruz Roja, presentado por Nasas, Agencia Creativa de Marketing Online
· Open Day Entremetidos - La Atalaya Coruñasa, presentado por Entremetidos
· Castelo da Rocha Forte, presentado polo Concello de Santiago de Compostela
· Portal das Palabras, presentado por imaxin|software
Negocio Online
· Felicitame.es, presentado por Contact Comunicación
· "Un puntazo" programa de fidelización e ecommerce, presentado por Disashop
· Xcloud Bookstore, presentado por Enxenio
· El Faro de los Tres Mundos, presentado por Visual Publinet

Falta por coñecerse os finalistas da categoría Proxecto Emprendedor TIC, que aínda non rematou o seu procedemento de votación popular a través de Facebook. O acto de entrega dos Premios EGANET 2013 terá lugar no Auditorio Mar de Vigo ás 12:30 horas, dentro da xornada na que se celebra o cuarto aniversario da LaconNetwork.

Amancio Varela conversando con Xosé María Fernández Pazos ante os micrófonos da Radio Galega
O programa Banda Ancha da Radio Galega recibirá un recoñecemento especial na edición de 2013 dos Premios EGANET

PUBLICIDADE