Declaran ilegal o rexistro do domicilio do fundador de Megaupload

xoves, 28 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Dotcom (esquerda) con Wozniak (centro) nunha imaxe publicada a través de Twitter

O peche de Megaupload parece estar moi lonxe de dilucidarse xudicialmente, e o caso cada vez ten máis pinta de desastre, confirmando as primeiras impresións de que se trataba dun abuso contra Kim Dotcom Schmitz, ou iso podemos entender cada vez que se coñecen máis detalles. Agora sabemos que a xuíza do Tribunal Superior de Xustiza neocelandés Helen Winkelmann, que atopou que as ordes de rexistro da mansión de Dotcom e as accións promovidas polo FBI para facerse con copias dos discos duros do fundador de Megaupload eran ilegais.
A xuíza aseguran que “as ordes non describen axeitadamente os delitos aos que fan referencia” tratándose de “ordes xerais, e como tal, non son válidas”. Podemos entender así que a acusación de que Megaupload provocara perdas por valor de máis de 500 millóns de dólares por infrinxir o copyright non estaba ben fundamentada.
Nos últimos días Kim Dotcom, actualmente en liberdade baixo fianza, tamén acadou certa visibilidade ao publicarse unha fotografía co co fundador de Apple, Steve Wozniak, que na súa defensa argumentou que “cando se producen delitos por correo non pechas a oficina de Correos”, considerando tamén de xeito negativo que as autoridades norteamericanas non deixen acceder á defensa de Dotcom aos datos da acusación para poder preparar a súa defensa.