Desenvolven na USC unha plataforma virtual para a aprendizaxe da lingua de signos

luns, 10 de marzo do 2008

Un equipo da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela deseñou un método innovador para mellorar a aprendizaxe da linguas de signos a través da Internet valéndose de ferramentas como a videoconferencia e o vídeo dixital (pola importancia do aspecto visual neste tipo de lingua).
A plataforma virtual achegará titorías persoais e sesións de videoconferencia en pequenos grupos e estará desenvolvida mediante software libre.

PUBLICIDADE