Desvelan os xogos de PlayStation Plus para o mes de decembro
mércores, 26 de novembro do 2025
Sony anunciou o catálogo de tÃtulos que estarán dispoñibles para os membros de PlayStation Plus entre o martes 2 de decembro e o luns 5 de xaneiro, unha selección variada na que destacan propostas de acción cooperativa, supervivencia psicolóxica, aventuras futuristas e desafÃos a contra o reloxo. LEGO Horizon Adventures, Killing Floor 3, The Outlast Trials, Synduality Echo of Ada e Neon White integran a listaxe deste mes, cunha combinación de estéticas moi distintas pero cun denominador común: ritmo intenso e multitude de horas de xogo.
A proposta máis destacada é LEGO Horizon Adventures para PS5, que ofrece unha reinterpretación colorista do universo de Aloy. Neste tÃtulo, a cazadora debe salvar a Terra dun antigo demo dixital e dunha seita de adoradores do sol que aspiran a vivir nun mundo sen sombras. Pódese xogar en solitario ou con outro participante, tanto en liña como mediante un modo cooperativo local na mesma pantalla que reforza o espÃrito familiar da serie LEGO. Ademais de Aloy, é posible desbloquear personaxes como Varl, Teersa ou Erend, cada un coas súas propias habilidades. Os niveis poden repetirse con modificacións adicionais e existe un taboleiro comunitario en Corazón de Nai no que se propoñen tarefas que axudan á aldea.
Killing Floor 3 chega a PS5 como a nova evolución dunha saga xa consolidada dentro do xénero de acción e terror. O tÃtulo reúne ata seis xogadores para enfrontarse a hordas de criaturas biomanipuladas creadas pola megacorporación Horzine. A facción rebelde Nightfall actúa como última esperanza da humanidade, apoiándose en especialistas que dominan destrezas únicas e un amplo arsenal de armas e dispositivos pensados para esnaquizar os Zeds. A acción está acompañada de mecánicas de esquiva e escalada, que engaden verticalidade ao combate e multiplican as opcións estratéxicas.
Pola súa banda, The Outlast Trials (PS4 e PS5) mantén a esencia de terror extremo caracterÃstica da serie Outlast. Red Barrels propón unha experiencia centrada na supervivencia psicolóxica dentro das instalacións da Murkoff Corporation. Os participantes —sós ou en grupos de ata catro— deben superar as probas MK para gañar a liberdade e aspirar a reintegrarse na sociedade. A fórmula clásica baséase en evitar, esconderse e fuxir dos inimigos, aÃnda que Murkoff proporciona unha serie de ferramentas que poden mellorar o sixilo, crear vÃas de escape ou entorpecer os adversarios, sempre previo esforzo para obtelas e perfeccionalas.
Synduality Echo of Ada para PS5 aposta por un futuro distópico ambientado no ano 2222, despois de que unha choiva tóxica coñecida como as Bágoas da Lúa Nova arrasase con boa parte da humanidade e dese lugar a hostÃs criaturas deformadas. Neste contexto, os humanos refuxiáronse no subsolo e adoptan o rol de nómades encargados de recoller cristais AN na superficie. A misión desenvólvese xunto cunha intelixencia artificial aliada e require facer fronte aos enders, ás choivas tóxicas e a outros xogadores. O Cradlecoffin —un mecha persoal— convértese no principal apoio, mais un único erro pode supoñer a perda de todos os recursos acumulados.
Pecha o listado Neon White (PS4 e PS5), un trepidante xogo de acción en primeira persoa no que White, un asasino procedente do inferno, compite con outros exterminadores de demos para conseguir unha estancia permanente no ceo. O tÃtulo destaca polo seu sistema de cartas de alma, que permiten atacar os inimigos ou activan habilidades de movemento que facilitan atallos espectaculares. A combinación axeitada das cartas favorece a busca de mellores tempos e impulsa unha proposta claramente orientada á velocidade e á precisión.
