Dezasete empresas galegas presentarán os seus produtos por vÃa tecnolóxica no Congreso Redepyme de Madrid
mércores, 29 de novembro do 2006
O Recinto Feiral Xoán Carlos I (IFEMA) de Madrid acollerá (os dÃas 30 de novembro e 1 de decembro), o XI Congreso Redepyme, unha cita que reúne a máis de 100 empresas españolas –e tamén europeas- e institucións de apoio ás mesmas e que lles subministra a oportunidade de estender a súa actividade cara ó resto de Europa. ata 17 pemes galegas estarán presentes neste encontro, que co lema A internacionalización da Peme pretende ser un lugar onde se poidan debater polÃticas e experiencias, establecer contactos, iniciar relacións entre os participantes e, sobre todo, facer fincapé nas vantaxes do tecnolóxico (as redes) para adquirir meirande competitividade e posibilidades de crecemento.
Precisamente, entre as novidades deste foro atópase a creación do Speaker´s Corner, un espazo fÃsico onde o empresario terá a oportunidade de presentar os seus produtos ou servizos a través dun ordenador e unha pantalla de plasma. E co fin de que o empresario teña presenza en Internet, o congreso ofrece tamén un servizo de creación de páxinas web, mediante o que se lle construirá e aloxará un espazo virtual de balde xunto cunha conta de correo electrónico. Por último, tamén se porá a disposición dos empresarios un circuÃto interactivo que consiste nunha demostración de como implantar o comercio electrónico nunha empresa e do seu funcionamento. Outra das principais novidades que presenta Redepyme nesta convocatoria é a posta en marcha dun sistema para concertar reunións chamado Axenda Electrónica: os empresarios poderán abrir unha axenda a través de www.redepyme.com/congreso a partir da que emitirán e recibirán solicitudes de reunión con outros participantes no evento.
Segundo datos achegados este mércores 29 pola organización do encontro, as empresas galegas que estarán presentes nesta xuntanza son:
- ADM Outsourcing, de Pontevedra.
- AM Asesoramento Empresarial, S.L. de Pontevedra.
- Conexiona Telecom, S.L. de Ourense.
- ClÃnica Adelpsi, de A Coruña.
- DU-AS (de publicidade e deseño gráfico), de Lugo.
- DU-AS (de decoración e reformas), de Lugo.
- Gaélica Solar S.L., de Ourense.
- Instituto Galego de Promoción Económica IGAPE, de A Coruña.
- Monllor y Gey editores S.L., de A Coruña
- Mundofincas, de Ourense.
- Nube Verde S.L., de Ourense.
- Pedreira Santodomingo S.L., de Pontevedra.
- Qualigal S.L.N.E., de Ourense.
- Quobis Networks, de Pontevedra.
- Seni Artesanos, de Lugo.
- SERINDOC de, A Coruña.
- Sqedio S.L., de Pontevedra.
- Tvpublispot, de Pontevedra.
