Diferentes vertentes da eSaúde serviron de fío temático ao un novo Almorzo TIC Talk
xoves, 2 de marzo do 2023
Este
martes, 28 de febreiro, celebrouse
no Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña
unha nova sesión dos Almorzos TIC Talk, nesta ocasión
mostráronse as liñas de investigación nas que traballan Elsa
Martín de Arribas e Mateo Gende Lozano, os dous centrados no que se
coñece como eSaúde (onde conclúen tecnoloxías avanzadas e
investigación e atención médica).
En
primeiro lugar, Elsa Martín presentou os detalles do traballo
Desenvolvemento dun pipeline bioinformático para profundar no
coñecemento da relación entre a microbiota e o cancro colorrectal.
Nesta investigación utilízanse técnicas de secuenciado masivo de
última xeración para analizar mostras de feces, saliva, mucosa
intestinal e tecidos tumorais de pacientes con cancro colorrectal
antes e despois do tratamento. O obxectivo, dixo, é “tentar
identificar poboacións de microorganismos que melloren a resposta
aos fármacos antitumorais e atenúen os efectos secundarios”.
Pola
súa banda, o investigador Mateo Gende Lozano, coa súa charla
Diagnóstico oftalmolóxico e oculómica a través da IA,
falou da súa investigación centrada no uso da IA con métodos de
aprendizaxe multitarefa na precisión dos diagnósticos de doenzas
oculares a través da análise de imaxes da membrana epirretiniana.
Os
Almorzos TIC Talk reúnen o último martes de cada mes ao persoal
investigador do CITIC que se atopa nas primeiras estadías da súa
carreira investigadora, coa finalidade de potenciar a
transversalidade e promover posíbeis colaboracións.