O pasado 3 de decembro bloquearon o acceso ao dominio de Internet WikiLeaks.org nun acto de censura sumamente grave que afortunadamente rematou 10 días despois, pero vese que ese tipo de prácticas non meten medo nos EE.UU. pois agora repiten algo semellante contra o dominio Rojadirecta.org, bloqueado globalmente por autoridades norteamericanas baixo a acusación de reproducir/distribuír material protexido por copyright, acusación da que a páxina web galega fora xulgada en Madrid arquivándose definitivamente tal causa por non atoparse indicios de ilegalidade, de xeito que o responsable do servizo considera que dende EE.UU. están a desprezar totalmente a Xustiza e a soberanía española.
Rojadirecta está dispoñible a través de múltiples dominios de Internet (
Sorprende ver que actualmente o dominio rojadirecta.org xa non pertence a Igor Seoane, senón que está a nome do Departamento de Seguridade Nacional dos EE.UU., polo que estariamos máis ante un secuestro de domino que dun bloqueo, resultando moi difícil a defensa dende España ante este tipo de atropelo polas autoridades norteamericanas, aínda que dende Rojadirecta aseguran estar a buscar solucións legais tamén nos EE.UU.
ACTUALIZACIÓN: Channelsurfing, ATDHE, hq-streams.com, hqstreams.net, firstrow.net, ilemi.com, iilemi.com, iilemii.com e incluso rojadirecta.com veñen de seguir os mesmos pasos de Rojadirecta.org. O auto xudicial por fin está dispoñible na web.
Dende Rojadirecta aseguran que estarán dispoñibles dende os dominios .es, .me. .in e outros fóra do control dos EE.UU.

