Economía lanza unha nova versión da ferramenta para xestionar a nosa RSE

luns, 22 de xaneiro do 2018 Redacción

A Consellería de Economía e Industria vén de renovar a ferramenta Xunta PRO-RSE, un recurso tecnolóxico que, entre outras cousas, posibilita que xestionemos de balde a nosa política empresarial de Responsabilidade Social Empresarial (RSE), achandando o camiño para a realización de diagnoses, memorias e informes. A renovación da ferramenta deu como resultado a terceira versión da aplicación, que abrangue novas funcionalidades co nexo común de mellorar a nosa estratexia empresarial de xeito sinxelo, integrando accións de RSE e a relación das empresas cos nosos grupos de interese. Entre as melloras concretas que ofrece esta actualización figura a adaptación ao novo estándar GRI Standards, creando novos indicadores e adaptando os anteriores.
Ao mesmo tempo, a nova versión de Xunta PRO-RSE inclúe os 17 Obxectivos do Desenvolvemento Sustentábel da ONU (ODS). Trátase dun novo módulo da ferramenta dixital que permite facer unha análise da achega cos principios dos ODS. “Deste xeito”, informa a Consellería, “o software Xunta PRO-RSE convértese nunha solución clave para as empresas responsábeis que queiran facer unha xestión áxil, eficiente e intuitiva da súa RSE co obxectivo de reportar resultados, facer controis de progreso e os indicadores determinantes da boa marcha da empresa”.
A ferramenta está a disposición dos nosos galegos na web https://rse.xunta.gal.

PUBLICIDADE