Ecoplas Barbanza vai poder incrementar a súa presenza internacional coa axuda de Galicia Avanza
luns, 20 de febreiro do 2023
A
firma Ecoplas Barbanza, empresa
innovadora da Pobra do Caramiñal adicada á fabricación de
mobiliario e produtos de deseño sustentables a partir do plástico
reciclado (moito del procedente das actividades relacionadas coa
pesca e o marisqueo), atópase entre as iniciativas beneficiadas polo
programa de aceleración para a internacionalización de pemes
galegas Galicia Avanza, posto en marcha en 2022 da man de GAIN
(Axencia Galega de Innovación), o IGAPE (Instituto Galego de
Promoción Económica) a Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia.
Grazas á súa participación en Galicia Avanza, Ecoplas Barbanza
poderá incrementar a súa presenza noutros mercados.
Primeira
edición de Galicia Avanza
Na
primeira convocatoria de Galicia Avanza, que vén de rematar,
participaron 30 pemes innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a
comunidade. Xa está en marcha a segunda convocatoria do programa, á
que poden acceder outras 30 pemes. O prazo para presentar as
solicitudes á aceleradora remata o 28 de febreiro e deberá
realizarse a través da
web de seu.
Durante
os oito meses de duración do programa, traballouse na saÃda ao
mercado exterior das empresas e tamén na consolidación
internacional das que xa tiñan experiencia neste eido, abrÃndolles
novos mercados ou accedendo a novos segmentos de clientes.
Axudóuselles a mellorar a súa estratexia comercial internacional,
avanzouse na protección das súas marcas e deseños industriais
ou intelectuais e na detección de posibles colaboracións con
outras empresas. Un dos ámbitos fundamentais de traballo foi, tamén,
o ámbito da nova comunicación: a tecnolóxica (redes sociais,
Internet, nova mercadotecnia, novos formatos).
Das
30 pemes participantes na primeira edición, unha é da Pobra do
Caramiñal. Trátase de Ecoplas Barbanza, que nace en 2005,
focalizándose primeiro na fabricación de mallas extruÃdas
destinadas principalmente ao cultivo e envasado de marisco. Nestes
anos logrou entrar no mercado europeo e en breve farao no
norteamericano. Segundo explican dende GAIN, IGAPE e a Tecnópole, en
2020 e 2021 as mallas biodegradables e compostables supuxeron entre
o 10 e 15% da súa facturación, ao redor do 90% en Centroeuropa. A
empresa foi incrementando as súas cifras ano tras ano, case
triplicando o volume de exportación desde 2018 a 2021.
Nestes
intres buscan os responsables de Ecoplas impulsar a
internacionalización da súa gama Netcycle, mobiliario e produtos de
deseño sustentables e funcionais creados a partir de plástico
reciclado; en particular nos paÃses do norte de Europa como Bélxica,
Holanda, Alemaña, Dinamarca…, por tratarse de sociedades máis
comprometidas co medio e co deseño de vangarda.
O
plástico que usan na fabricación destes produtos procede tanto dos
desperdicios que xera a empresa nos seus procesos produtivos como
doutras empresas. O produto é, ao mesmo tempo, un material de
construción, de xeito que pode empregarse na creación de espazos
interiores ou stands para feiras, mesmo como material illante
para fachadas.
