Elon Musk declara a guerra a Apple
martes, 29 de novembro do 2022
O pasado venres abriuse o debate en Twitter sobre a
posibilidade de que Apple e Google expulsasen Twitter das súas tendas de
aplicacións por mor da intención de Musk de reducir o control sobre os contidos
publicados, chegando a pórse sobre a mesa a posibilidade de que Elon Musk puxese
á venda un smartphone alternativo, o que parece que era o preludio da nova
lea na que Ãa meterse o actual propietario de Twitter: unha guerra aberta con
Apple.
Coméntase que a metade dos anunciantes de Twitter conxelaron as súas campañas
ante a inseguridade da plataforma (temen que os anuncios se asocien a contidos
que poidan provocar rexeitamento) e finalmente foi a propia Apple a que reduciu
ao mÃnimo a súa publicidade en Twitter, o que é especialmente relevante polo
mero feito de que Apple é o meirande anunciante na plataforma social, e a súa
retirada poderÃa provocar un efecto en cadea. Pero a reacción de Musk foi probablemente
a menos razoable posible, xa que en vez de tentar recuperar ao anunciante con
garantÃas, acusa
a Apple de «odiar a liberdade de expresión nos EE.UU.», chegando a pórse
catastrofista, asegurando
que «esta á unha batalla polo futuro da civilización».
Musk aproveitou a situación para protestar ante as
comisións que aplica a App Store ás compras realizadas dentro das aplicacións
de iOS, as que define como «un imposto secreto do 30%», o que resulta
bastante absurdo, xa que é algo sobradamente coñecido, que incluso acaparou
grandes titulares de prensa por mor do conflito xudicial entre Apple e Epic Games
por mor das compras dentro do xogo Fortnite (ou polo mero feito de que forma
parte do modelo de negocio da maiorÃa das tendas de aplicacións).
Elon Musk
chegou a publicar unha fotografÃa (agora borrada) na que sostiña que como
alternativa ás comisións de Apple a única opción era ir á guerra contra a
compañÃa de Cupertino e, de feito, publicou varios chÃos no mesmo sentido en
poucas horas.
Musk está a loitar en paralelo contra as comisións e contra as polÃticas de
moderación de contidos da App Store, cando son normas básicas da plataforma,
que deberÃan terse claras dende o primeiro minuto. De feito, outras plataformas
sociais (como Parler ou Truth Social) tiveron que adaptar as súas polÃticas de
contidos para poder estar nas tendas de iOS e Android, e de non querer facer
tal a solución está clara: a web. Precisamente a web é a outra solución para
non ter que pagar comisións a Apple, e foi o propio Musk quen pechou a
posibilidade de subscribirse a Twitter Blue dende fóra da App Store (que era o
xeito habitual de subscribirse anteriormente), polo que resulta ridÃculo que
agora proteste por unhas comisións propios dun sistema de pagamento que Musk
impón aos subscritores de Twitter Blue.