Eric Schmidt asegura que o Android 4.0 sairá entre outubro e novembro
mércores, 7 de setembro do 2011
O máximo
responsable de Google, Eric Schmidt, durante a súa participación no evento Dreamforce,
dirixido a profesionais do cloud
computing, e respondendo a preguntas de Marc Benioff de Salesforce.com,
asegurou que o sistema operativo Android
4.0, coñecido popularmente como Ice Cream Sandwich, verá a luz entre os meses
de outubro e novembro, de xeito que antes de rematar o ano poderÃa comezar
a nova xeración de móbiles co sistema operativo de Google, que utilizarÃan como
referente un hipotético Nexus Prime fabricado por Samsung e que prometen
sorprender.
Polo momento as informacións sobre o Android 4.0 e os móbiles que o soportarán
non deixan de ser rumores, pero o feito de que Schmidt dea datas de lanzamento
permÃtenos esperar unha revolución móbil antes de rematar o ano, xa que o iOS 5
de Apple e o Android 4.0 terán lanzamentos moi parellos, e esta competencia
pode resultar moi positiva para os consumidores.
Intervención de Eric Schmidt durante o Dreamforce que tivo lugar en San Francisco
