España está por enriba da media europea en materia de competencias dixitais da cidadanÃa
luns, 20 de febreiro do 2023
O
Observatorio Nacional de TecnoloxÃa e Sociedade (ONTSI) presentou
unha nova colección de monográficos sobre a estratexia España
Dixital 2026. O primeiro dos monográficos, chamado Competencias
dixitais, lanza importantes datos sobre o nivel de
implantación social das novas ferramentas no ámbito estatal. No
estudo faise saberque España está por enriba da media en materia de
desenvolvemento das competencias dixitais da cidadanÃa.
En
concreto, o impulso das administracións e da sociedade no seu
conxunto neste sentido, lograron que en España un 64% da poboación
dispoña de competencias dixitais polo menos básicas, ocupando o
sexto lugar e por diante de paÃses como Francia (62%) e Alemaña
(49%), achegándose o paÃs ao obxectivo de que o 80% da cidadanÃa
conte con estas competencias, marcado pola Comisión Europea para
2030. Ademais, o monográfico sinala que España conseguiu reducir a
fenda dixital por cuestión de xénero, habendo unha diferenza de 3
puntos porcentuais nestes momentos (63% das mulleres fronte ao 66%
dos homes). Isto tamén posiciona a España no 6.º posto da
clasificación da Unión Europea.
Porén,
as maiores brechas en competencias dixitais danse en función da
idade, con 58 puntos de desvantaxe entre a poboación maior fronte á
máis nova. A diferenza en función da ocupación é a segundo maior
brecha, de 49 puntos, entre poboación non activa e estudantes.
Destácase
tamén que máis da metade das persoas en situación de desemprego
posúe competencias dixitais básicas ou superiores.
O
monográfico convida a reflexionar sobre a importancia de que todos
os grupos poboacionais poidan adquirir estas competencias en
igualdade de condicións, de forma que se reduzan as brechas que
aÃnda existen á hora de afrontar os retos e oportunidades da
economÃa dixital.
