Este 18 celébrase na Industriosa (Vigo) unha nova edición das Katas de Rust
luns, 13 de marzo do 2023
O
vindeiro sábado 18 de marzo volven as Katas de Rust da Industriosa
na súa sede de Vigo. Será a segunda edición dun ciclo que ten o
obxectivo de facilitar o traballo das persoas interesadas en facer
programación integrada mentres aproveitan os conceptos de nivel
superior e as garantÃas de seguridade que achega a linguaxe Rust.
A
sesión terá os seguintes horarios:
-
9:30 - 10:00 -> Almorzo nas Ramblas (pegada ao taller)
- 10:00 - 12:00 -> Pair-programming de prototipo dende a
última kata.
- 12:00 - 13:30 -> Presentación dos
problemas encontrados na última kata.
- Problemas de
targets (Esp e STM32)
- Problemas co embedded-hal
- Configuración editor.
- 13:30 - 14:00 -> Recapitulación e
votación da presentación do seguinte tema.
As
Katas de Rust son un espacio onde varios desenvolvedores traballan
xuntos nun problemas especifico sobre Rust, abordando unha
introdución ao final da sesión centrada en como mellorar os
proxectos dos usuarios. Estas actividades formativas están lideradas
por Eloy Coto, enxeñeiro de software en Red Hat. A participación é
de balde e pódese facer a inscrición a
través de Meetup.
Evento
patrocinado por Xunta de Galicia e a Axencia para a Modernización
Tecnolóxica (AMTEGA).
