Este venres bota a andar a Sede Electrónica da Xunta de Galicia
xoves, 22 de setembro do 2011
O conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, afirmou hoxe, trala rolda de
prensa do Consello, que a posta
en marcha da Sede Electrónica da Xunta permitirá unha administración «sen papeis, máis transparente e, sobre todo,
aberta e accesible aos cidadáns as 24 horas do dÃa, os 365 dÃas do ano» e que será «un punto de acceso único a toda a Administración
autonómica, co obxectivo de facer, baixo o horizonte de 2013, unha Xunta
accesible, online e para todo tipo de procesos».
Ao longo da rolda de prensa, Rueda
explicou que, de xeito gradual, a Sede Electrónica
que bota a andar este mesmo venres, ofrecerá aos cidadáns a mesma información e
os mesmos servizos que, a dÃa de hoxe, se ofrecen fisicamente en calquera xanela
das consellerÃas. Lembrou que, actualmente, son 120 os procedementos que poden
realizarse de xeito telemático, e pretenden que cheguen aos 1.500 en 2013.
Na súa comparecencia ante os medios, o
conselleiro de Presidencia, subliñou a aprobación tamén hoxe do Decreto de
organización e funcionamento das entidades públicas instrumentais da Comunidade
Autónoma de Galicia, co obxectivo «claro
e definido de impulsar tamén o uso dos medios electrónicos e de facilitarlle
tamén ao cidadán a súa relación coa Xunta de Galicia».
A principal novidade que introduce este
decreto é, segundo concretou Alfonso Rueda, que establece un sistema único de
rexistro, unificando os 150 que actualmente ten en funcionamento a Xunta entre
rexistros principais e auxiliares, cifra que chegarÃa ata 500 se se suman tamén
os conveniados.

- Rueda na súa comparecencia ante os medios tras o Consello da Xunta
