Eurogamer deixa de puntuar os xogos nas súas análises
martes, 10 de febreiro do 2015
Puntuar a calidade dos videoxogos é unha práctica nunha
ausente de polémicas, que chega a incluso a afectar economicamente aos
desenvolvedores (moitas compañÃas pactan primas en función da puntuación media
acadada en Metacritic) pese a que
os profesionais que realizan as análises non están conformes en que moita xente
crea que se pode resumir o balance xeral dun tÃtulo nun simple número, e
precisamente por iso a principal páxina de videoxogos do Vello Continente, Eurogamer,
decidiu desbotar as puntuacións das súas análises, comezando polo xogo The
Legend of Zelda: Majora’s Mask 3D.
O xogo para Nintendo 3DS mencionando non consegue asà unha puntuación dun 8
sobre 10, senón que recibe un selo de Recommended,
que indicarÃa que estamos ante un xogo de alta calidade, e que pode mercarse
con tranquilidade, sen chegar a ser unha obra mestra, que en tal caso recibirÃa
o selo de Essential, o que
limitarÃase a uns poucos imprescindibles cada ano. Os xogos mediocres non
estarÃan destacados de ningún xeito, por ter eivas nalgún aspecto (por exemplo,
se un xogo ten uns gráficos fermosos pero é incómodo de xogar ou se un xogo
deportivo vén a ser unha simple repetición da edición do ano anterior pasarÃa a
figurar nesta categorÃa). Pero o máis salientable deste novo xeito de valorar
os xogos é que agora haberá un indicativo de Avoid para xogos especialmente malos, que teñan carencias notables
que fagan que xogar aos mesmos poida resultar frustrante por estar rotos ou ser simplemente de pouca
calidade.
Dende Eurogamer consideran que as puntuacións xa non teñen sentido hoxe, pois
pode levar a confusións e contradicións. Por exemplo, un xogo con grandes
gráficos e un acabado técnico excelente pode ter serios problemas de rede, de
xeito que o seu modo multi-xogador sexa realmente lamentable, polo que teriamos
que un xogo en si excelente non poderÃa recomendarse, ao igual que un xogo cun
modo multi-xogador moi fluÃdo poderÃa ter unha narrativa demasiado
rudimentaria.
Precisamente por iso unha das cousas que farán a partires de agora en Eurogamer
é só publicar análises de xogos en liña despois do seu lanzamento (xa que
moitos tÃtulos funcionan perfectamente até que teñen que enfrontarse a
infinidade de conexións simultáneas que poden frustrar completamente a
experiencia de xogo), mentres que para facilitar as decisións de compra si
publicarán unhas primeiras impresións. Temos asà que as análises corresponderán
sempre aos produtos finais, e non ás copias preliminares para a prensa.
Tamén anuncian que a súa intención será evitar actualizar as análises dos
xogos, de xeito que só procederán a un re-análises cando un xogo mude de xeito
tan radical como para xustificalo. Ou sexa, que prefiren facer unha nova
análise a revisar un artigo anterior, por considerar que este tipo de parches non resultan de utilidade para
os lectores.