Europa impide a compra de iRobot por parte de Amazon
luns, 29 de xaneiro do 2024
En agosto de 2022 Amazon sorprendeu o peche dun acordo para a adquisición de iRobot, a popular compañÃa dos robots aspiradora da serie Roomba, quedando pendente a compra da aprobación dos organismos reguladores, algo que na Unión Europea non conseguiron, polo que agora teñen rachar o acordo anterior.
Dende iRobot láianse dicindo que a adquisición poderÃa terlles aberto as portas a máis innovacións e a unha oferta máis competitiva para os consumidores, á vez que mellorarÃa a súa posición nun competitivo mercado global.
Amazon pola súa banda, pagará unha cantidade previamente acordada a iRobot por non ter completado a operación, como compensación polos posibles prexuÃzos causados.
Pese a que as dúas compañÃas estean molestas pola postura dos reguladores europeos, a Comisión Europea vÃa claro que a compra de iRobot por parte de Amazon poderÃa supor un duro golpe para a competencia do mercado de robots aspiradores na Unión Europea, xa que poderÃa reducir a visibilidade dos robots doutras marcas, dar prioridade aos produtos de iRobot nas vendas e incluso provocar unha subida dos prezos dos produtos da competencia, pois terÃan que facer un maior esforzo para chegar aos consumidores (especialmente a través de Amazon).
