Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Everis contratará 30 profesionais do ámbito tecnolóxico na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Everis contratará 30 profesionais do ámbito tecnolóxico na Coruña

Redacción
Publicado: 17/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

everis_coruna.jpgEveris, consultora tecnolóxica multinacional, vén de anunciar a contratación de 30 profesionais na Coruña ao longo dos vindeiros doce meses. Segundo engadiu a compañía de orixe española nun comunicado, a meirande parte das contratacións (o 80%) serán de mozas e mozos recentemente licenciados en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). A porcentaxe restante corresponderá a profesionais “con experiencia especializadas/os en tecnoloxías máis innovadoras”. A día de hoxe, Everis acubilla nas súas instalacións da Coruña unha equipa de máis de dous centenares de consultores.
Máis polo miúdo, a consultora tecnolóxica seleccionará para a súa ampliación de persoal mozas e mozos acabadas/os de titular en Informática, Telecomunicacións, Industriais, Matemáticas, Físicas, Administración e Dirección de Empresas, así como outras enxeñarías.
Como dixemos, Everis tamén anunciou a contratación de profesionais específicos sobre tecnoloxías avanzadas de xestión e desenvolvemento, máis en detalle titulados en ciclos formativos de grao superior en desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, desenvolvemento de aplicacións web, administración de sistemas informáticos en rede e sistemas de telecomunicación e informática.
En canto a profesionais con experiencia, a firma quere contratar a profesionais especializados en ámbitos como información masiva (Big Data), computación na nube, mobilidade, Internet das Cousas (IoT) ou “talento dixital en xeral”.
A ampliación de equipo de traballo en Galicia non é un feito illado. De feito, forma parte dun espallamento que atinxe a todo o territorio estatal, un ámbito no que Everis quere incorporar un total de 2.500 profesionais, complementando este proceso coa posta en marcha dun programa de 600 bolsas para estudantes “co obxectivo de incorporalos á compañía tras a realización do período de prácticas”. Na Coruña a previsión é que polo menos 10 persoas se unan á consultora a través do programa de bolsas.
“Estas previsións de contratación”, explica Everis sobre a orixe do proceso, “responden aos bos resultados da empresa en España, que é o terceiro mercado europeo onde máis medrou e o principal para a multinacional”. Máis en detalle, o seu crecemento en España durante o pasado exercicio fiscal foi do 19,3%, acadando os 474 millóns de euros, e a previsión de Everis é a de manter esa tendencia á suba durante o vindeiro ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?