Expira a patente do MPEG-2
xoves, 15 de febreiro do 2018
O pasado mes de maio o formato de compresión de audio MP3
promovido por Fraunhofer IIS vÃa como expiraba
a súa patente, de xeito que xa non hai que pagar para fabricar trebellos
que reproduzan tal formato nin aplicacións que codifiquen no mesmo, e o
pasado martes aconteceu o mesmo co formato de vÃdeo MPEG-2, aÃnda máis
relevante, xa que é o empregado polas pelÃculas en DVD e polas retransmisión de
vÃdeo en resolución estándar a través da TDT.
Esta nova é especialmente relevante para o mundo do software libre, que por fin
poderá integrar o formato MPEG-2 de xeito predeterminado, algo que ata o
momento non podÃan facer para non infrinxir a patente en vigor, mentres que
para fabricantes de hardware resulta a expiración da patente ten un impacto máis
reducido, xa que o pagamento pola mesma foi caendo ao longo do tempo e
actualmente era case insignificante, pero o feito de librarse de ter que pagar
unha licenza sempre é un alivio.
