FEUGA introdúcenos nas vantaxes e posibilidades da linguaxe Python

xoves, 9 de febreiro do 2023 S. P.

A fundación FEUGA prepara para esta tempada un curso interesante para quen queira iniciarse ou ampliar coñecementos no desenvolvemento de ferramentas informáticas e proxectos tecnolóxicos de toda índole. Trátase do curso Programación con Python dende cero, unha actividade formativa que nos mergulla, en palabras de FEUGA, “nunha linguaxe doada de comprender, que non require coñecementos previos e coa que poderemos traballar con datos de forma eficiente e realizar análises complexas”.
O curso ten o engadido ademais de xirar arredor dunha metodoloxía (Python) que ten unha alta demanda laboral no mundo empresarial e tecnolóxico, permitíndonos o seu dominio diferenciar o noso perfil profesional e incrementar oportunidades de emprego e de desenvolvemento profesional.
“Python é unha linguaxe de programación potente e versátil que gañou gran popularidade nos últimos anos debido á súa facilidade de aprendizaxe, a súa ampla gama de aplicacións e a súa gran comunidade de desenvolvedores”, explica FEUGA, engadindo que a “salienta por ser a linguaxe de programación máis utilizada na industria en xeral: en desenvolvemento web, automatización, intelixencia artificial, visualización de datos e análises de datos”.
O curso desenvolverase en formato de vídeo-conferencia en tempo real, de 20 horas de duración. Celebrarase os días 28 de febreiro e 2, 7, 9, 14, 16, 21 e 23 de marzo de 2023, en horario de 15.30 a 18.00 horas. A data límite de inscrición é o 22 de febreiro.
A actividade formativa ten os seguintes obxectivos concretos:
-Coñecer a linguaxe Python, as súas funcións integradas, clases principais e estruturas de control.
-Aprender a importar, utilizar e crear librerías.
-Entender o concepto de clase e obxecto no paradigma de programación orientada a obxectos.
-Aprender a utilizar arrays NumPy multidimensionais.
-Aprender a utilizar as estruturas Cuadrillas (Series e DataFrames).
-Coñecer as funcións e ferramentas de transformación dispoñíbeis para as estruturas provistas por NumPy e Cuadrillas.
-Saber crear gráficos 2D e 3D coas librerías Matplotlib e Seaborn.

PUBLICIDADE