FX Interactive publica a versión internacional de FX Fútbol 2.0 en Steam
luns, 3 de febreiro do 2014
A
xente de FX Interactive leva tendo intentando potenciar a súa tenda de xogos descargables, polo
que para moitos foi unha grande sorpresa que a versión internacional do seu FX Fútbol 2.0
veña de estrearse en Steam
como FX Eleven, un mánager de
fútbol para PC que pode mercarse cun 25% de desconto ata o 7 de febreiro, de
xeito que o seu prezo queda en 14,99 euros. Os usuarios que activasen FX Fútbol 2.0 recibirán unha clave para
poder activar FX Eleven en Steam.
Estamos ante o primeiro xogo de FX Interactive en Steam, e con este lanzamento
vese que buscan chegar a un público global, en vez de centrarse no mercado
español como cando fixeron lanzando o primeiro FX Fútbol, tÃtulo promocionado como o herdeiro espiritual do
clásico PC Fútbol.
Este novo xogo en Steam chega coa interface e as voces en español, inglés e
italiano; conta con 450 equipos de 27 competicións nacionais e internacionais,
máis de 11.700 xogadores únicos, máis de 100 logros persoais para evolucionar
aos xogadores, un completo editor de equipos, táboas e estatÃsticas, toma de
decisións en tempo real e liberdade para construÃr o noso estadio.
Queda agora por ver se a estrea de FX Interactive facilita que algúns dos
tÃtulos que distribúe en soporte fÃsico en España totalmente localizados ao
español poidan estar tamén na lingua de Cervantes en Steam, onde actualmente
podemos atopar xogos como os
de Péndulo Studios en inglés.
- FX Eleven permÃtenos personalizar o noso estadio
Trailer de FX Eleven