Facebook fixo un mal uso de datos persoais con fins publicitarios

mércores, 15 de marzo do 2023 Marcus Fernández

A Data Privacy Foundation presentou unha demanda colectiva contra Facebook Irlanda polo procesamento de datos persoais de usuarios de Países Baixos con fins publicitarios sen o consentimento preciso, recoñecendo o tribunal de Ámsterdam que Facebook violou a Lei entre o 1 de abril de 2010 e o 1 de xaneiro de 2020.
O tribunal tamén considerou que Facebook Irlanda non informaba dabondo aos usuarios sobre o intercambio de datos persoais cunha serie de terceiros.
Pero o máis curioso da sentencia é que entende que á demanda colectiva contra Facebook non lle corresponde reclamación de indemnización algunha (aínda que si o pagamento das costas xudiciais, o que serían menos de 18 mil euros). Os litigantes poderían agora reclamar a Facebook algún tipo de compensación (aínda que non está nada claro se conseguirán algo) e non sería de sorprender que se replicasen demandas semellantes noutros territorios europeos en vista de que parece probado o incumprimento da lexislación europea por parte de Facebook durante bastantes anos.

PUBLICIDADE