Facebook supera os 120 millóns de usuarios
martes, 4 de novembro do 2008

- Sheryl Sandberg durante a súa intervención no congreso Dreamforce
A primeiros do
verán a plataforma de redes sociais Facebook chegaba aos 90 millóns de
usuarios, e agora unha das responsables desta popular web, Sheryl Sandberg,
asegurou durante o congreso Dreamforce que xa chegaron
aos 120 millóns de usuarios, confirmando o importante crecemento
deste servizo que cada dÃa lle pon as cousas máis duras a MySpace nos EE.UU.
Sandberg asegurou que captaron máis usuarios «nos últimos 3 meses que nos primeiros 3 anos de vida», destacando
tamén que na actualidade superan as 280.000 aplicacións baixo a súa plataforma,
aÃnda que o seu principal uso corresponde a actividades de lecer, polo que
agora queren orientar esta tecnoloxÃa baseada en web a aplicacións profesionais,
comezando por unha alianza con Salesforce.com (compañÃa que ofrece ferramentas
en liña para a xestión das relacións cos clientes por parte das empresas).
