Feuga axúdalle aos empresarios galegos a mellorar a súa competitivade coas TIC
luns, 18 de maio do 2009
A fin de contribuir á mellora da
productividade e a competitivide das empresas galegas, o BIC Galicia, en
colaboración coa Fundación Empresa Universidade
Galega (FEUGA), veñen de anunciar o desenvolvemento do Programa de Talleres de Mellora Competitiva TMC, que levan a cabo
conxuntamente para axudar aos empresarios galegos a posicionarse mellor no
mercado.
Estes obradoiros, que darán comezo o
vindeiro 29 de maio, teñen como filosofía a realización de actuacións que
contribúan á implantación efectiva de procesos de mellora nas empresas a través
do emprego de novidosas técnicas e ferramentas de xestión empresarial, e
baséase nun método de traballo asistido, interactivo e práctico.
O Programa
de Talleres de Mellora Competitiva TMC achegará, asemade, a análise de
casos particulares das empresas participantes, combinando aprendizaxe con
acción para facer máis amenas as xornadas.
Guiados por un “consultor-facilitador”, especialista na implantación de proxectos
de mellora e con ampla experiencia na temática do obradoiro, serán as propias
empresas as que analicen a posible aplicabilidade das melloras propostas nas
súas organizacións, seleccionando o proxecto de mellora concreto que se queira
acometer.
A actividade, que vai dirixida a
responsables e empregados de empresas de calquera sector (directivos, mandos
intermedios, técnicos, profesionais…), ten como principal obxectivo explorar as
oportunidades estratéxicas e operativas que xorden no marco de aplicación das
TIC nos procesos de negocio, así como darlle a coñecer aos asistentes as
infraestructuras, tecnoloxías e ferramentas da información e a comunicación que
teñen á súa disposición.
Asemade, os asistentes adquirirán
coñecementos básicos para a optimización e mellora dos procesos de xestión así
como para a mellora do rendemento a través das TIC.
Esta oferta formativa, que está limitada
a un máximo de dez empresas por obradoiro (a razón de catro persoas por
empresa), é de balde e a inscripción á mesma realizarase por riguroso orde de
recepción de solicitudes.
A páxina web de Feuga
recolle as bases do taller así como o seu folleto de inscrición.
