FilmStruk anuncia o seu peche
venres, 26 de outubro do 2018
En
xuño recibimos por sorpresa en España a FilmStruck, unha nova plataforma de
vÃdeo baixo demanda promovida por Time Warner que contando cun catálogo dun par
de centos de tÃtulos de grande calidade pretendÃa competir con plataformas como
Filmin, pero finalmente nin sequera puidemos comprobar se este servizo tiña
mercado no que facerse un oco, xa que vén de anunciar que deixará de operar a
partires do 29 de novembro.
FilmStruck estaba dispoñible en EE.UU., Reino Unido, Francia e España, como un
xeito de levar un importante catálogo directamente á súa audiencia e cunha
identidade de seu, pero dá a impresión de que o servizo quedou moi lonxe de
cubrir obxectivos, probablemente ante a proliferación de plataformas de streaming, que fan que o consumidor
teñan que elixir as plataformas a contratar, o que vai en detrimento das máis
minoritarias.