Flipnote Studio converte a Nintendo DSi nun estudo de animación
mércores, 12 de agosto do 2009
Os usuarios da
nova Nintendo DSi poderán descargar
de balde a partires deste venres a través de DSiWare a aplicación Flipnote
Studio, que converte a pequena consola portátil nun estudo de
animación apto para usuarios sen coñecementos técnicos previos, de xeito que
valéndose de sinxelas ferramentas coma un bolÃgrafo, unha goma de borrar, unha
brocha e unha limitada gama de cores (negro, vermello e azul) pódense debuxar
os fotogramas da nosa pelÃcula, sendo tamén posible importar fotografÃas da
cámara da DSi (converténdoas a branco e negro coa axuda de distintos filtros).
Tamén é posible acompañar as animacións con sons (efectos sonoros, música ou
incluso diálogos gravados co micrófono na consola portátil de Nintendo).
As creacións desenvolvidas con este programa para a DSi pode gardarse nunha
tarxeta de memoria SD e incluso compartirse a través do servizo en liña
Flipnote Hatena, deste xeito temos que as tÃpicas animacións elaboradas
manualmente nas esquinas dos cadernos da escola trasládanse a un contorno
dixital, dando ás á imaxinación dos usuarios da Nintendo DSi.
|