Fring incorpora oficialmente a videoconferencia en grupo

xoves, 28 de abril do 2011 Marcus Fernández

Tras un período de probas do servizo de multi-conferencia móbil, Fring actualiza as súas aplicacións para móbiles iPhone e Android de xeito que xa é posible facer chamadas de vídeo conta ata 4 persoas á vez. Este servizo é totalmente de balde e funciona tanto a través de conexións Wi-Fi como de datos móbiles (3G e 4G).
A versión para iOS de Fring é compatible con iPhone e iPod Touch, aínda que claramente serán os usuarios do iPhone 4 os que poidan tirar un mellor proveito das videoconferencias en grupo grazas a que os seus terminais contan con cámara frontal. A aplicación funciona sen problema no iPad 2, pero non é un dispositivo soportado oficialmente por Fring (entendemos que por non estar adaptada a súa interface á resolución de pantalla dos tablets de Apple).
A versión para Android de Fring parece funcionar sen problema en móbiles como o Samsung Galaxy S e tablets como o Galaxy Tab.


Presentación en vídeo das novas posibilidades de Fring

Fring permite tanto a videoconferencia normal como en grupo

PUBLICIDADE