GaiásTech celebra unha xornada sobre as tecnoloxías de meirande potencial para as nosas empresas
luns, 27 de febreiro do 2023
O
Centro
GaiásTech de AMTEGA celebrará este martes 28 de febreiro a xornada
O futuro hoxe: as tecnoloxías que nos están cambiando.
En palabras da dita axencia autonómica galega, o obxectivo deste
evento é “reunir nun mesmo espazo as aplicacións que todas estas
tecnoloxías teñen no día a día das empresas e, por tanto, ver a
súa aplicabilidade no tecido produtivo”.
A
xornada contará con mesas redondas e relatorios moderados por
persoas expertas en cada unha das tecnoloxías disruptivas: cadea de
bloques (blockchain),
análise da información a gran escala (Big Data), Internet
das Cousas, Intelixencia Artificial e Realidade Virtual.
Este
evento está dirixido tanto ao sector empresarial como á cidadanía
en xeral, e mostrará as últimas tendencias en tecnoloxías
disruptivas e o seu impacto no mundo empresarial. Desde as 9:00 h e
ata as 17:45 h, as persoas asistentes poderán gozar dun completo
programa con especialistas deste ámbito.
Para
inscribirse no evento, as
persoas interesadas poden visitar a páxina web do GaiásTech. A
inscrición é de balde.
O
Centro GaiásTech, que depende da Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia, enmarca a súa actividade no eixo
transversal da Estratexia Galicia Dixital 2030, para a
especialización tecnolóxica na nosa Comunidade, así como nos eixos
1 e 3, cos obxectivos de avanzar nunha sociedade dixital e inclusiva
e nunha economía dixital e sustentable.
En
concreto, o GaiásTech ten o cometido de “impulsar a transformación
dixital do tecido produtivo e xerar produtos, solucións e servizos
cunha pegada tecnolóxica, que proporcionen maior valor, innovación
e competitividade nun ámbito global”. Mediante diversos servizos e
actividades, o GaiásTech mostra e visualiza ante as empresas a
importancia de impulsar o talento dixital dentro destas, para
desenvolver unha nova organización do traballo e unha cultura
dixital na que o persoal e a clientela se sintan cómodos ante a
incorporación das tecnoloxías.
