Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia sobe ata o quinto posto en uso da eAdministración por parte da cidadanía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia sobe ata o quinto posto en uso da eAdministración por parte da cidadanía

Redacción
Publicado: 03/03/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

computador_portatil-2.jpgTelefónica vén de presentar o seu informe anual sobre a Sociedade da Información en España e nel, como de costume, achéganse unha manchea de datos de interese sobre Galicia. Por exemplo, que superamos (por vez primeira) a medida estatal en dispoñibilidade de computadores, acceso a Internet e banda larga nos concellos de entre 20.000 e 50.000 habitantes. Tamén destacamos no uso de dispositivos móbiles, xa que son o principal recurso de conexión para o 90% das galegas e galegos (un 8% por riba da medida estatal). Outro punto no que seguimos subindo é en Administración Electrónica, xa que somos os quintos da clasificación en emprego dos servizos dixitais habilitados polas entidades públicas. Na investigación lémbrase tamén que catro de cada tres fogares dispón de computador.
Estes e outros datos figuran na XVII edición do informe anual A Sociedade da Información en España, presentado a finais de febreiro pola operadora Telefónica. Malia ser de alcance nacional, trátase, na súa información artellada por Comunidades, dunha fonte importante de coñecemento acerca da nosa situación con respecto ás ferramentas dixitais, a calidade do servizo e os nosos hábitos en liña. Respecto disto último constátase unha importancia crecente das comunidades dixitais e sinálase, de feito, que máis dun 65% dos galegos empregamos a Internet para partillar información nas redes sociais.
Outra das cousas que medra nas nosas catro provincias é o comercio en liña, xa que máis da metade da mocidade de entre 16 e 24 anos merca maneira habitual a través da Rede. Isto, lonxe de diminuír nos anos vindeiros, agárdase que vaia a máis. Sobre todo tendo en conta que a devandita porcentaxe de compradores galegos habituais na Rede experimentou unha suba do 12%, estando por riba da media estatal en sete puntos porcentuais.
No que atinxe ás empresas, o informe destaca que Galicia gabeou ata o cuarto posto na listaxe de microempresas con páxina web e conexión a Internet (cun incremento do 20% en 2016). Asemade, preto da terceira parte das microempresas que dispoñen de Internet emprega as redes sociais para visualizar e promover os seus produtos e servizos. No que atinxe ás grandes firmas, 8 de cada 10 está na Rede a través de servizos de banda larga. O software libre tamén medra na nosa terra, cunha presenza do 86,8% no tecido produtivo. A sinatura dixital é empregada polo 71,9% das empresas.
Na investigación tamén se sinala que Galicia ocupa o quinto posto en uso da Administración Electrónica por parte da cidadanía, un 3,3% máis cá media estatal. No eido empresarial, preto do 70% das microempresas galegas e do 90% das empresas de 10 ou máis empregados con conexión a Internet interactuou de maneira telemática coa Administración (tanto na primeira porcentaxe coma na segunda situámonos, tamén, por riba da medida estatal).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?